REUNIÓN DE SOCIOS E XUNTA DIRECTIVA, MARTES 8 DE XULLO.
Asemblea para a renovación dos cargos da Xunta Directiva, estipulado renovación dos cargos nos Estatutos desta asociación cada ano.
O martes 8 de xullo celebrarase, ás 19 h, unha reunión de socios e xunta directiva, no local social "A Gentalha do Pichel" (Santa Clara, 21). Rógase a todos os socios desta asociación que asistan a devandita reunión, así como os membros da xunta directiva, para valoración da situación actual de Casco Vello, renovación dos cargos e exposición das novas actividades de verán.
MENÚ DA CEA MEDIEVAL "A Era compostelana" 19 de Abril 21:30 - Local social "O Pichel"
Sopa de garabanzos con touciño Albóndegas de cocho e queixo vello en salsa de azafrán Polo á cervexa Salchichas frescas ao viño branco
Bebidas: Hipocrás Viño Cervexa
Postres: Pastas de manteiga Pastas de canela
Lembramos aos comensais que non haberá pratos nin garfos, senon que toda a comida (excepto a sopa) vaise asentar sobre pan, e comida só coa axuda do coitelo e as mans.
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DE CASCO VELLO MÉRCORES DÍA 12 DE MARZAL NO PICHEL
Queda convocada para o mércores día 12 de Marzal unha reunión extraordinaria, en primeira convocatoria as 18:00, e en segunda convocatoria as 18:30, no local social do Pichel.
ORDE DO DÏA:
O tema principal a tratar será a votación das vacantes na Xunta Directiva actual. Entre outros temas estarán: a marcha da Asociacóm, prantexamentos cara o futuro, e máis a organicaçóm de próximos eventos.
Prégase a asistencia da Xunta Directiva actual, así coma dos membros da asociacóm.
Queda convocada para o Xoves día 10 de Xaneiro unha reunión extraordinaria. O tema principal a tratar será o do local. Como lembraredes, na última asemblea propúxose cambiar o réxime de alugueiro no que estamos, para coller o local que queda libre no piso de abaixo e poder ter almacén, obradoiro, etc. A decisión quedou postposta até rematar o mes de decembro, para ver se somos económicamente capaces de afrontar o novo réxime de alugueiro. Chegou o momento de facer balance e decidir se alugamos ou non alugamos, porque o local queda libre a partir do día 15 e nós temos prioridade para alugar, pero temos que telo decidido xa.
Vémosnos o Xoves 10 ás 19h en primeira convocatoria ou ás 19:30 en segunda. Por favor, facede un esforzo por asistir todos, que esta é unha decisión moi importante que nos atinxe a todos.
En Casco Vello continuamos cos nosos Ciclos de Cine, aínda que ultimamente accidentados por mor do cambio de lugar de proxeción e problemas técnicos derivados. O programa para o mes de DECEMBRO é o seguinte:
- Xoves 13 de Decembro: Gremlins. Que mellor regalo de Nadal que un Mowai?
E é que nós entendemos o nadal dun xeito un pouco diferente...
AGARDÁMOSVOS!!!
As proxeccións terán lugar ás 21:00h na Biblioteca do local O Pichel (no piso de abaixo, ao fondo do corredor) e todas as películas serán proxectadas en Versión Orixinal con Subtítulos en Galego. Pode que problemas técnicos causen algún tipo de inconveniencia neste aspecto, pero soen ser as menos veces.
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DE CASCO VELLO MARTES DÍA 6 DE NOVEMBRO NO PICHEL
Primeira convocatoria: 19:30 Segunda convocatoria: 20:00
ORDE DO DÍA
- Admisión de novos membros. - Ludus Stellae 2007. Análise das xornadas. Que foi ben, que foi mal. Suxerencias e aportacións. - Ludus Stellae 2008. Tormenta de ideias. Suxerencias e aportacións. - Actividades en marcha da Asociación, e novas propostas.
Seguramente por mor dos cursos variados que se están a impartir no Pichel, a asemblea terá lugar la biblioteca (no soto, ao fondo do corredor, o que se usou somo sala de proxeccións durante as Ludus). Se chegades tarde e non hai ninguén arriba, preguntade na barra que eles saberán onde nos tocou emigrar.
Ábrese o prazo de inscripción para os xogadores que desexen participar nas actividades das Ludus Stellae 2007. Para inscribirvos só tendes que enviar un correo electrónico a info@cascovello.com indicando en que actividade vos queredes inscribir, así como calquera outra información pertinente ao respecto (horarios, número de participantes, etc). As actividades convocadas polo momento son o Rol en Vivo de Vampiro: Esperta á Luz e as partidas de Rol en Mesa.
Coma todas as semanas, temos varias actividades previstas os martes e os xoves no Pichel, ás que se lle suman as actividades extraordinarias para a preparación das Ludus 2007. Todo aquel que queira está convidado a vir, especialmente a botar unha man, que se nos ven o tempo enriba!!! -Martes 16 de Outubro 18:30-22:30 -Esgrima con espada rapieira -Obradoiro de cota de malla -Obradoiro de costura ou "como facer bolsiñas de dados para financiar as Ludus?"
-Xoves 18 de Outubro 18:30-21:30 -Esgrima con espada rapieira -Obradoiro de cota de malla -Obradoiro de costura
21:30-23:30 -Cinema: Wizards, de Ralph Bakshi, 1977
Este é o programa aproximado das Ludus Stellae 2007. De momento é só unha estrutura na que hai que encher os ocos. As partidas de rol e os vivos diurnos teñen os seus horarios, mais aínda non están confirmadas cales serán as partidas, os másters, etc. De todos xeitos hai actividades ás que xa se pode ir apuntando a xente, como os torneos de esgrima, que xa teñen os horarios fixados e a estructura definida. Para máis informaición podedes mirar este foro ou deixar as vosas dúbidas en info@cascovello.com
Españoles y lusos (léase ilusos), ya sé que me llamais Paco "El Rana" porque voy inaugurando pantanos por toda España. (Franco, ese hombre --Inaugurando un pantano na fronteira con Por)